Saturday 04 de May de 2024

Festa de clausura do curso de habilidades sociais


Os alumnos e alumnas do curso de habilidades sociais do Mesón do Vento xa están de vacacións. Celebraron a última xornada, na que estiveron acompañados por Susana García, concelleira de Benestar Social e Educación. Todos xuntos desfrutaron dun xantar e dunha tarde de festa e diversión na que, ademais dunha excursión á localidade coruñesa de Mera, e doutras moitas sorpresas e agasallos. Tamén contaron coa actuación en vivo da cantante local e antiga recanteira Alba Docampo.

Tanto os familiares dos usuarios e usuarias, o alumnado, así como as monitoras do curso aproveitaron a ocasión para agradecerlle ao Concello de Ordes “o feito de que manteña aberto este curso, ademais das reformas realizadas nas instalacións e a axuda no transporte entre outras moitas cousas”. Un agradecemento que se fixo extensible a outras entidades e firmas comerciais como Internaco, Protección Civil Ordes, CEIP O Mesón do Vento, restaurante Avelino, Lucía Darriba, ademais de a Moncho “por ter sempre a punto o seu taxi adaptado”.